30 marzo 2023

PORTABOCATAS COVASMOLA

 O alumnado de 5º e 6º de Primaria, seguindo os dictames de Covasmola 2.0, elaboraron uns portabocatas coas retais dos disfraces de Entroido no recanto creativo do Contexto científico.

Seguiron o deseño por uns patróns, cortaron e coseron a máquina. Incluso aproveitaron a primeira saída que fixeron có cole para usalo.

Quedaron chulísimos!!!!!!!
















MES DA MULLER

 Bibliocovas adicou o mes de marzo ás mulleres. No contexto lingüístico de todos os cursos de Educación Primaria traballamos con elas e sobre elas.

O alumnado do primeiro ciclo escolleu aquelas mulleres sobre as que querían aprender máis e elaboraron un paseo da fama. Nel podíase observar os murais realizados ao tempo que se achegaban códigos QR nos que visualizar máis información nuns vídeos elaborados por eles.  Os nen@s aproveitaron as tablets de polos Creativos Covasmola para visualizar a información e os vídeos aloxados nos códigos QR.

Veu todo o cole VIVIR o PASEO DA FAMA!!!!!


24 marzo 2023

RETO: PILDORIÑAS NA BIBLIO

 

RETO " PILDORIÑAS NA BIBLIO"

Dende o CEIP Castro de Ouro plantexaron un novo reto dende a súa biblioteca escolar “Pildoriñas de biblio” para animar á lectura a través do formato podcast/ radio. Este reto consistía en gravar en formato audio un pequeno fragmento dunha lectura favorita, no noso caso escollimos “Historias que parecen mentira”. O noso cole foi nominado polo CEIP Lois Tobío e nós nominamos ao CEIP Celeiro. 

07 marzo 2023

Receita matemática

 Nesta ocasión, o recanto creativo do Contexto Matemático do terceiro ciclo era moi nutritivo…mmm , q rico!!!

Co fin de aprender as unidades de medida e de peso dun xeito vivencial e verdadeiramente manipulativo, tocounos realizar unha receita dun postre. Pesamos, medimos e cociñamos…. E se non o facemos ben… non nos gustará moito a merenda de mañá! Que nervioooossss!😅







E sen esquecernos, depois de cociñar… tocounos fregar!