31 maio 2023

RADIOVOZ


O alumnado de 5º de E.P. elaborou unha escaleta sobre o noso Proxecto Documental Integrado “Covasmola”. Este proxecto ten como obxectivo principal o respecto, a non discriminación, a inclusión, a igualdade de oportunidades e a participación activa das familias a través de múltiples actividades que ten como fío condutor varios eixos :

1. A mobilidade.


2. A sustentabilidade.


3. A alimentación saudable.


4. A educación afectivo-sexual.


5. A educación emocional.




A continuación veu RadioVoz ao noso cole a gravar o programa co noso


 equipamento.





30 maio 2023

TELE COVASMOLA: BOOKTUBERS

 E non podía faltar un programa de libros!!!

Os nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria son uns Booktubers sensacionais 😍😍😍😍
Esta actividade é froito do traballo do alumnado do segundo ciclo de E. Primaria no contexto lingüístico.

Tomade nota das súas suxestións!!!!!






29 maio 2023

Contexto científico: As Máquinas Covasmola”



 No contexto científico os races do terceiro ciclo andiveron a estudar e construir con materiais reciclados máquinas simples… quedáronlles ben chulas!! Aquí tedes un pequeno exemplo…



Pero noutro recanto foron os encargados de arranxar máquinas complexas que non funcionaban… abriron, sacaron tornillos, desmontaron, analizaron, volveron montar… así é a maneira de aprender en que consisten as máquinas… Pero son tan marabillosos mecánicos que ata conseguiron q funcionara unha aspiradora que os compañeiros de infantil ían tirar ao lixo… Vaia alegría levaron!


26 maio 2023

ROBÓTICA EN E. INFANTIL

 Aquí vos deixamos unha pequena escolma de diferentes momentos do Recanto de Robótica que tivo lugar durante todo curso no espazo maker da Bibliocovas!!!!

Como nos gusta este recanto!!!!!!






25 maio 2023

ENTREVISTA A FAITH

 O alumnado tamén aproveitou para entrevistar a Faith,a nosa auxiliar de conversa antes de marchar para o seu país e así saber máis sobre a cultura filipina. 

TELE COVASMOLA: ARTISTEANDO CON PABLO RUÍZ PICASO

 Artisteando con Pablo Ruiz Picasso: Como chisco ao “Ano de Picasso” e como xeito de conmemorar o 50 aniversario do falecemento do artista, o alumnado de Educación Infantil dedícanos esta sección da canle para así poder vivenciar obra e vida do mesmo. 

Estade ben atent@s porque … 

a arte “engancha”!😍😍😍😍😍






23 maio 2023

TELE COVASMOLA: O TEMPO EN COVAS

 O tempo en Covas: 

Qué mellor maneira de introducirnos na primavera que co alumnado de Educación Infantil ao frente! Estade ben atentos ao parte meteorolóxico, así como ás imaxes que esta estación deixa para o disfrute de tod@s.







17 maio 2023

TELE COVASMOLA: LETRAS GALEGAS 2023

 Dende a aparición de "Polos Creativos Covasmola" o alumnado está aprendendo a un montón no campo da edición da imaxe e son. 

Este curso o noso alumnado traballou a edición de vídeo sobre todo nos contextos linguísticos de Educación Primaria e no recanto maker da Educación Infantil. Eles mesmos crean os guións, realizan as gravacións, seleccionan os escenarios e vestiarios, e se ocupan tamén da edición das suas propias produccións, case sen axuda no caso do alumnado de E. Primaria.

Por fin fixemos un soño realidade: "Tele Covasmola" 😍😍😍😍😍😍😍😍

E que mellor forma de estrea que cun programa sobre Francisco Fernández del Riego 👏👏👏👏👏👏

Agardamos que vos guste!!!!!



En breve novas entregas de "Tele Covasmola". Atentos ao blogue da Bibliocovas e ás redes!!!!

As diferentes entregas de "Tele Covasmola" contaron coa participación de todo o alumnado do cole e dos diferentes equipos (biblioteca, EDLG, TICs, ...) xunto con Polos Creativos. Sempre enmarcado dentro do PDI "Covasmola 2.0" que serve de fío condutor das diferentes reportaxes.






15 maio 2023

PALABRAS DÍA DAS LETRAS

 

 Seguindo a premisa do noso Covasmola 2.0, O Equipo de Normalización propuxo crear unha exposición na cristaleira do cole con palabras en galego que teñen que ver cos sentimentos. Cada aula elaborou dúas palabras, algunhas delas coa axuda do material de Polos Creativos, e así de bonitas quedaron.



 Aquí ensinamosvos parte do traballo elaborado en polos creativos Covasmola:
 














12 maio 2023

MESAS DE LUZ

 Nas mesas de luz da bibliocovas tamén xogamos, construímos e creamos!!!! Así traballamos o pensamiento creativo, as habilidades de construción, o desenvolvemento da imaxinación e a identificación de patrones e formas...

Empregamos puzzles imantados translúcidos segundo patróns 😍😍😍😍



Tamén construímos sen unha pauta fixa na que deixamos voar a imaxinación e creamos composicións ben chulas!!!!





03 maio 2023

Contexto eléctrico!!!


Esta vez, no contexto científico tocaba estudar os circuitos eléctricos, e foi a ocasión ideal para estrear parte do material que nos achegou a Consellería coa dotación de Polos Creativos. O alumnado deseñou , elaborou e experimentou unha gran variedade de circuitos eleéctricos. Aprender así mola!