27 febreiro 2023

REFRÁNS DE ENTROIDO!

O alumnado do primeiro ciclo traballou no contexto lingüístico co croma e fixo uns vídeos chulísimos recitando refráns do Entroido! Cómo lles gusta a cámara a estes rapaces!

24 febreiro 2023

Día de Rosalía!

 Para conmemorar o día de Rosalía, o alumnado do Contexto Lingüístico do terceiro ciclo, escolleu poemas de Rosalía que dramatizaron e gravaron eles mesmos uns vídeos que tamén editaron usando os materiais cos que conta o cole. Bo traballo!!

18 febreiro 2023

ENTROIDO COVASMOLA 23: UN PUÑADO DE BOTÓNS

 Chegou a época preferida para o noso cole: O Entroido. Este curso, traballamos a diversidade familiar coa axuda do conto "Un puñado de botóns", e seguindo a filosofía do noso PDI "Covasmola 2.0", trouxemos retais vellos das casas e reutilizamoslos para crear unhos disfraces de botóns chulísimos. Para traballar esa diversidade, todos eramos diferentes e únicos, formas, teas, estampados, tamaños...

Como sempre, organizamos o cole en grupos transversais onde entraban nenos de tódalas idades, que traballaban arreo no seu disfraz.

O primeiro foi elexir as formas e facer o patrón en cartón. Despois de recortado ese patrón, os nenos escollían as teas e debuxaban nela os patróns deixando unhos centímetros de costura ben xenerosos, en previsión das posibles curvas e despistes coas máquinas de coser ( Poucas... xa son todos unhos expertos!)

Despois uniron os dous trozos recortados con alfileres e pasaron á máquina de coser... O cole xa tiña unha, e a dotación de Polos Creativos aportou outra...pero as ganas de coser son tantas que as mestras tiveron que traer tamén as súas das casas para que todos poideran facer eles mesmos sen presas os seus coxíns!




Cando xa estaba case rematado, cortaron tamén a espuma de recheo, para darlles forma...




E remataron pechando o traballo polo dereito.





Logo chegou o momento de creas unhas puntadas do botón con fío de lá, e poñer unhas gomas para atalos ao corpo...e listo!! A cantar e bailar!!


13 febreiro 2023

Brúxulas caseiras!

 No contexto humanístico  estiveron traballando o "Día da muller na ciencia"  creando unha brúxula que lles permitiu orientarse polo colexio puidendo observar como sempre marcaba o norte magnético.





Primeiro cortaron o corcho nunha lámina duns 12 milímetros de grosor, despois frotaron a punta dunha agulla cun imán sempre no mesmo sentido unhas 50 ou 60 veces para que a agulla se imantase. A continuación, pegaron a agulla con cinta adhesiva ao trozo de corcho. Encheron o recipiente de auga e depositaron o corcho coa agulla para que flotase. Puideron ver como a auga xiraba ata apuntar ao norte magnético da Terra.