No contexto humanístico estiveron traballando o "Día da muller na ciencia" creando unha brúxula que lles permitiu orientarse polo colexio puidendo observar como sempre marcaba o norte magnético.
Primeiro cortaron o corcho nunha lámina duns 12 milímetros de grosor, despois frotaron a punta dunha agulla cun imán sempre no mesmo sentido unhas 50 ou 60 veces para que a agulla se imantase. A continuación, pegaron a agulla con cinta adhesiva ao trozo de corcho. Encheron o recipiente de auga e depositaron o corcho coa agulla para que flotase. Puideron ver como a auga xiraba ata apuntar ao norte magnético da Terra.


Ningún comentario:
Publicar un comentario