Amosando publicacións coa etiqueta bibliocovas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta bibliocovas. Amosar todas as publicacións

22 xuño 2023

Xogos Romería Covasmola


 Aproveitando o tirón das máquinas que construiron os alumnos do terceiro ciclo no contexto científico, decidiron inventar un xogo para a II Romería Covasmola, feito por eles mesmos e co que poideran disfrutar tódolos nenos do cole.  Puxéronse a darlle á cachola, e decidiron construir unha catapulta similar á q realizaran en cartón. Así que se puxeron mans á obra, buscando madeiras para reciclar gardadas polos almacéns…






Idearon a máquina… e a construila axudados polas 
ferramentas do Polo Creativo Covasmola!
 Foi todo un reto, pero finalmente conseguiron que funcionara… e vaia rato divertido que nos fixo pasar a todos!!! Ollade as fotos!






























15 maio 2023

PALABRAS DÍA DAS LETRAS

 

 Seguindo a premisa do noso Covasmola 2.0, O Equipo de Normalización propuxo crear unha exposición na cristaleira do cole con palabras en galego que teñen que ver cos sentimentos. Cada aula elaborou dúas palabras, algunhas delas coa axuda do material de Polos Creativos, e así de bonitas quedaron.



 Aquí ensinamosvos parte do traballo elaborado en polos creativos Covasmola:
 














24 marzo 2023

RETO: PILDORIÑAS NA BIBLIO

 

RETO " PILDORIÑAS NA BIBLIO"

Dende o CEIP Castro de Ouro plantexaron un novo reto dende a súa biblioteca escolar “Pildoriñas de biblio” para animar á lectura a través do formato podcast/ radio. Este reto consistía en gravar en formato audio un pequeno fragmento dunha lectura favorita, no noso caso escollimos “Historias que parecen mentira”. O noso cole foi nominado polo CEIP Lois Tobío e nós nominamos ao CEIP Celeiro.