22 xuño 2023

Xogos Romería Covasmola


 Aproveitando o tirón das máquinas que construiron os alumnos do terceiro ciclo no contexto científico, decidiron inventar un xogo para a II Romería Covasmola, feito por eles mesmos e co que poideran disfrutar tódolos nenos do cole.  Puxéronse a darlle á cachola, e decidiron construir unha catapulta similar á q realizaran en cartón. Así que se puxeron mans á obra, buscando madeiras para reciclar gardadas polos almacéns…






Idearon a máquina… e a construila axudados polas 
ferramentas do Polo Creativo Covasmola!
 Foi todo un reto, pero finalmente conseguiron que funcionara… e vaia rato divertido que nos fixo pasar a todos!!! Ollade as fotos!






























Ningún comentario:

Publicar un comentario