No contexto científico os races do terceiro ciclo andiveron a estudar e construir con materiais reciclados máquinas simples… quedáronlles ben chulas!! Aquí tedes un pequeno exemplo…
Pero noutro recanto foron os encargados de arranxar máquinas complexas que non funcionaban… abriron, sacaron tornillos, desmontaron, analizaron, volveron montar… así é a maneira de aprender en que consisten as máquinas… Pero son tan marabillosos mecánicos que ata conseguiron q funcionara unha aspiradora que os compañeiros de infantil ían tirar ao lixo… Vaia alegría levaron!

Ningún comentario:
Publicar un comentario