05 xuño 2023

Momentos e rincóns de traballo

 Queremos ensinarvos tamén, non solo os resultados dos traballos que se relizan no Polo Creativo Covasmola, senón os momentos de traballo dos nenos do noso cole, que se organizan, reunen, deciden… tanto dentro do Polo Creativo Covasmola, como noutros espazos do centro polos que se moven de xeito autónomo durante os momentos de traballo… 





































PONTE NAS ONDAS

 O noso alumnado recibiu unha obradorio por parte de "Pontes nas Ondas", onde a primeira parte da maña adquiriron coñecementos do Audacity, de como utilizar a voz nunha gravación e por último elaboraron un guión por parellas que posteriormente gravaron na emisora do colexio.




01 xuño 2023

BOLSAS DA MERENDA PARA E. INFANTIL

 Como traballan estes nenos e nenas de educación infantil!!!!


Como xa sabedes, os maiores fixeron os seus propios portabocatas con teas reutilizadas seguindo os dictames do noso Covasmola. Xa sabedes que no cole de Covas a sustentabilidade é fundamental.

En infantil seguimos a súas pegadas e fixemos as nosas propias bolsas de merenda para traer as merendas saudables ao cole. Así que deseñamos, cortamos, cosimos, cortamos coa cricut os nosos nomes e planchámolos nas bolsas.

Aquí vos deixamos unha mostra de todo o proceso!!!!




















TELE COVASMOLA: O RECANTO DAS FAMILIAS

 No cole de Covas queremos facer un Recanto para as Familias. Quixemos informarnos que lles gustaría, tanto a maiores como a peques, ter nese recanto e para que. 📺📚🎲🎨🎧🎭

Tamén estivemos indagando a ver cal sería a mellor ubicación 🧐📝

A ver que vos parecen @s nos@s reporteir@s ... 😍😍😍






31 maio 2023

RADIOVOZ


O alumnado de 5º de E.P. elaborou unha escaleta sobre o noso Proxecto Documental Integrado “Covasmola”. Este proxecto ten como obxectivo principal o respecto, a non discriminación, a inclusión, a igualdade de oportunidades e a participación activa das familias a través de múltiples actividades que ten como fío condutor varios eixos :

1. A mobilidade.


2. A sustentabilidade.


3. A alimentación saudable.


4. A educación afectivo-sexual.


5. A educación emocional.




A continuación veu RadioVoz ao noso cole a gravar o programa co noso


 equipamento.