15 xuño 2023

DA HORA AO PRATO: COVASMOLA 2.0 (1ª PARTE)

 "Da horta ao prato. Covasmola 2.0" é a actividade de centro que pecha o curso. Nela, o alumnado vai a traballar todo o percorrido que fan os alimentos desde que se sementan na horta ata que chegan aos nosos pratos a través dunha receita.

A actividade divídese e tres grandes bloques:

1. Semente e recolleita.

2. Mercado de proximidade. 

3. Cociñado e degustación.

Parte 1. 

A Semente e recolleita foi a etapa máis longa deste proxecto. Os nenos e nenas do cole plantaron distintos alimentos (leitugas, apio, cenorias, ...) no horto do cole e coidárono ata que estivo listo para recoller a mesma semana do cociñado.

O proceso é lento pero apaixoante. Vimos e axudamos a medrar as plantas e a nacer os froitos. Aprendimos todo o proceso.

Primeiro sementamos no sementeiro e agardamos que as plantas brotasen. Despois trasladámolas ao horto e regámolas e coidámolas ata que puidemos recoller os froitos.



































08 xuño 2023

TELE COVASMOLA: COVASMOLA 2.0

 Con este programa 7 chegamos ao final da emisión de TELE COMASMOLA e non podía ter mellor peche que o noso Proxecto Documental Integrado Covasmola 2.0.


Deixámosvos cós nenos e nenas de 5º e 6º para que vos expliquen por que o Cole de Covas MOLA!!!!!







07 xuño 2023

OBRADOIRO PAOLA GUIMERANS

 Esta mañá, o alumnado de Primaria  tiveron un obradoiro con Paola Guimerans para traballar con scratch, Code Monkey, Beebot e as placas makey makey, dentro da programación de biblioteca creativa.Que bén que tiñamos o material de Polos Creativos Covasmola para practicar!!!

Pola tarde foi a quenda d@s profes.

Aprendimos un montón!!!!!🥰🥰🥰🥰🥰🥰








































06 xuño 2023

TELECOVASMOLA: CONTEXTOS DE APRENDIZAXE

 Chegamos ao programa 6 de Tele Covasmola: contextos de aprendizaxe.

Este ano o vole de Covas mergullouse de cheo na metodoloxía por contextos de aprendizaxe competencial.

Entón, que significa traballar por contextos? Os nenos de 5° e 6° téñeno claro😍😍😍😍😍😍