28 abril 2023

 A CONCURSAR!

Aceptamos como centro o reto de Polos Creativos  que nos propuxeron dende a Consellería, que  xurden da necesidade de promulgar que a xestión sostible dos refugallos e a súa utilización como materia prima en procesos de fabricación é unha das claves da economía circular sostible. Permite avanzar na formación nos obxectivos da Axenda 2030 e un numerosos aspectos curriculares, tanto transversáis como de diferentes materias. Esta xestión supón un claro exemplo da boa práctica educativa porque contribúe ao desenvolvemento de competencias por parte do alumnado.

Coa realización de diferentes solucións co enfoque "faino ti mesmo" mediante os Polos Creativos (co seu material e metodoloxía) e  utilizando como materia prima materiais de refugallo tales como os cartón de embalaxe do propio Polo, envases baleiros, etc. ; tal e como establece a convocatoria, eleximos o proxecto que estábamos a desenvolver nese momento pola premura da convocatoria, que facía imposible o deseño e implementación de outro distinto nese momento.

Así, participamos na categoría "Mellor proxecto de fomento de hábitos de vida saudable e sostenibilidade", co noso proxecto "PORTABOCATAS COVASMOLA"




















Ningún comentario:

Publicar un comentario