28 abril 2023

 A CONCURSAR!

Aceptamos como centro o reto de Polos Creativos  que nos propuxeron dende a Consellería, que  xurden da necesidade de promulgar que a xestión sostible dos refugallos e a súa utilización como materia prima en procesos de fabricación é unha das claves da economía circular sostible. Permite avanzar na formación nos obxectivos da Axenda 2030 e un numerosos aspectos curriculares, tanto transversáis como de diferentes materias. Esta xestión supón un claro exemplo da boa práctica educativa porque contribúe ao desenvolvemento de competencias por parte do alumnado.

Coa realización de diferentes solucións co enfoque "faino ti mesmo" mediante os Polos Creativos (co seu material e metodoloxía) e  utilizando como materia prima materiais de refugallo tales como os cartón de embalaxe do propio Polo, envases baleiros, etc. ; tal e como establece a convocatoria, eleximos o proxecto que estábamos a desenvolver nese momento pola premura da convocatoria, que facía imposible o deseño e implementación de outro distinto nese momento.

Así, participamos na categoría "Mellor proxecto de fomento de hábitos de vida saudable e sostenibilidade", co noso proxecto "PORTABOCATAS COVASMOLA"




















14 abril 2023

BIOFILIA COVASMOLA 2.0

 Dende o o PDI Covasmola 2.0 traballamos a saúde mental como eixo vertebrador , xunto coa saúde social e a educación sexual, e plantexaronnos unha actividade de centro para pechar o trimestre sobre a biofilia.

Pero, que é a biofilia?

Adult@s e nen@s están na natureza de diferente maneira. Para os nen@s non é só un marco, é unha fonte de estímulos, é un territorio a descubrir, ofrecéndolles unha experiencia sensorial completa que impacta sobre a súa imaxinaión e as súas emocións. Os nenos/as son aprendices activos, investigadores, e aprenden máis e mellor cando teñen a posibilidade de interactuar.

O concepto "biofilia" foi acuñado polo biólogo Edward O. Wilson para referirse á afinidade innata que a humanidade, e especialmente a infancia, sinte polos seres vivos. Clemens G. Arvey no seu libro "El efecto biofilia", chama a atención sobre a acción positiva da natureza sobre a saúde: "é un feito demostrado cientificamente; a natureza é a mellor terapia. Para que o efecto biofilia se produza non fai falla nada máis que rodearse de plantas, animais e terra, respirar, andar e deixar que a mente voe".

Se permitimos que os nenos e nenas medren en contacto estreito coa natureza, o seu benestar e o do planeta están garantidos.

Así que dividimos o centro en catro grupos que visitaron catro espazos distintos da nosa contorna para sentir o efecto biofilia.

O alumnado de Educación Infantil estivo nunha horta e en contacto con animais domésticos. O de 1º e 2º de Primaria ciclo foron á Praia de Covas, o de 3º e 4º a Xunqueira e ao paseo fluvial do Río Landro en Viveiro e o de 5º e 6º fixo realizou unha andaina ata o Monte San Roque con dúas rutas diferentes, unha de subida e outra de baixada.

Os nenos e nenas debían recoller as súas vivencias, a súa interacción con estes espazos naturais tan diferenciados, para realizar un traballo posteriormente na aula.

E. Infantil usou as cámaras fotográficas do cole e tablets para facer fotografías e fixeron un cadro. Nel pódese observar como a natureza serve de fondo, de recheo para as siluetas de elementos tamén naturais que recortaron usando cartulinas de cores.  Os máis peque colocáronos de xeito maxistral e inmortalizáronas para realizar unha composición marabillosa!!! 😍😍😍😍








O alumnado de 1º e 2º tiña unha contorna privilexiada; a Praia de Covas, a praia do noso cole (levamos o mesmo nome). Recolleron a súa experiencia biofílica coa axuda das cámaras de fotos e tablets, e eleboraron un scrapbook impresionante!!!


 😍😍😍😍Os nenos e nenas de 3º e 4º experimentou en Xunqueira e o paseo fluvial do Río Landro a súa inmersión natural. Recolleron imaxes do momento coas tablets e cámaras de fotos, e crearon un mural no que reproducen o campo de Xunqueira e unha árbore tridimensional con follas penduradas onde se poden ver as imaxes captadas,  así como ter acceso a un código QR que redirixe a un diaporama espectacular de ditas imaxes.




Diaporama


Xa para rematar, @s maiores, 5º e 6º, elaboraron curtas cinematográficas de entre 3 e 5 minutos nas que se pode vivir con eles a súa experiencia no Monte San Roque.
Subiron ao monte cargados con tablets e cámaras de fotos e vídeo, que lles permitiron crear o material co que despois traballaron e editaron unhos traballos espectaculares.



Combinaron tanto imaxe fixa como vídeos e música e editaron o seu traballo como bós profesionais.







O venres 31 de marzo pechamos a actividade cunha exposición e visionado dos traballos expostos anteriormente. Visitárono todos os nenos e nenas do cole e agardamos, que é volta da Semana Santa, tamén podan ser do disfrute das familias. Están tod@s convidados!!!!


















30 marzo 2023

PORTABOCATAS COVASMOLA

 O alumnado de 5º e 6º de Primaria, seguindo os dictames de Covasmola 2.0, elaboraron uns portabocatas coas retais dos disfraces de Entroido no recanto creativo do Contexto científico.

Seguiron o deseño por uns patróns, cortaron e coseron a máquina. Incluso aproveitaron a primeira saída que fixeron có cole para usalo.

Quedaron chulísimos!!!!!!!
















MES DA MULLER

 Bibliocovas adicou o mes de marzo ás mulleres. No contexto lingüístico de todos os cursos de Educación Primaria traballamos con elas e sobre elas.

O alumnado do primeiro ciclo escolleu aquelas mulleres sobre as que querían aprender máis e elaboraron un paseo da fama. Nel podíase observar os murais realizados ao tempo que se achegaban códigos QR nos que visualizar máis información nuns vídeos elaborados por eles.  Os nen@s aproveitaron as tablets de polos Creativos Covasmola para visualizar a información e os vídeos aloxados nos códigos QR.

Veu todo o cole VIVIR o PASEO DA FAMA!!!!!


24 marzo 2023

RETO: PILDORIÑAS NA BIBLIO

 

RETO " PILDORIÑAS NA BIBLIO"

Dende o CEIP Castro de Ouro plantexaron un novo reto dende a súa biblioteca escolar “Pildoriñas de biblio” para animar á lectura a través do formato podcast/ radio. Este reto consistía en gravar en formato audio un pequeno fragmento dunha lectura favorita, no noso caso escollimos “Historias que parecen mentira”. O noso cole foi nominado polo CEIP Lois Tobío e nós nominamos ao CEIP Celeiro. 

07 marzo 2023

Receita matemática

 Nesta ocasión, o recanto creativo do Contexto Matemático do terceiro ciclo era moi nutritivo…mmm , q rico!!!

Co fin de aprender as unidades de medida e de peso dun xeito vivencial e verdadeiramente manipulativo, tocounos realizar unha receita dun postre. Pesamos, medimos e cociñamos…. E se non o facemos ben… non nos gustará moito a merenda de mañá! Que nervioooossss!😅







E sen esquecernos, depois de cociñar… tocounos fregar!