15 maio 2023
PALABRAS DÍA DAS LETRAS
12 maio 2023
MESAS DE LUZ
Nas mesas de luz da bibliocovas tamén xogamos, construímos e creamos!!!! Así traballamos o pensamiento creativo, as habilidades de construción, o desenvolvemento da imaxinación e a identificación de patrones e formas...
Empregamos puzzles imantados translúcidos segundo patróns 😍😍😍😍
03 maio 2023
Contexto eléctrico!!!
02 maio 2023
DÍA DO ACOSO ESCOLAR
Hoxe celebramos o Día Internacional contra o Acoso Escolar e dende Radio Covas quixemos entrevistar a Andrea Bechlian, psicóloga especialista en psicoloxía educativa, asesoramento familiar, disciplina positiva e educación emocional.
Aquí vos deixamos o resultado!!!!!
28 abril 2023
A CONCURSAR!
Aceptamos como centro o reto de Polos Creativos que nos propuxeron dende a Consellería, que xurden da necesidade de promulgar que a xestión sostible dos refugallos e a súa utilización como materia prima en procesos de fabricación é unha das claves da economía circular sostible. Permite avanzar na formación nos obxectivos da Axenda 2030 e un numerosos aspectos curriculares, tanto transversáis como de diferentes materias. Esta xestión supón un claro exemplo da boa práctica educativa porque contribúe ao desenvolvemento de competencias por parte do alumnado.
Coa realización de diferentes solucións co enfoque "faino ti mesmo" mediante os Polos Creativos (co seu material e metodoloxía) e utilizando como materia prima materiais de refugallo tales como os cartón de embalaxe do propio Polo, envases baleiros, etc. ; tal e como establece a convocatoria, eleximos o proxecto que estábamos a desenvolver nese momento pola premura da convocatoria, que facía imposible o deseño e implementación de outro distinto nese momento.
Así, participamos na categoría "Mellor proxecto de fomento de hábitos de vida saudable e sostenibilidade", co noso proxecto "PORTABOCATAS COVASMOLA"
14 abril 2023
BIOFILIA COVASMOLA 2.0
Dende o o PDI Covasmola 2.0 traballamos a saúde mental como eixo vertebrador , xunto coa saúde social e a educación sexual, e plantexaronnos unha actividade de centro para pechar o trimestre sobre a biofilia.
Pero, que é a biofilia?
Adult@s e nen@s están na natureza de diferente maneira. Para os nen@s non é só un marco, é unha fonte de estímulos, é un territorio a descubrir, ofrecéndolles unha experiencia sensorial completa que impacta sobre a súa imaxinaión e as súas emocións. Os nenos/as son aprendices activos, investigadores, e aprenden máis e mellor cando teñen a posibilidade de interactuar.
O concepto "biofilia" foi acuñado polo biólogo Edward O. Wilson para referirse á afinidade innata que a humanidade, e especialmente a infancia, sinte polos seres vivos. Clemens G. Arvey no seu libro "El efecto biofilia", chama a atención sobre a acción positiva da natureza sobre a saúde: "é un feito demostrado cientificamente; a natureza é a mellor terapia. Para que o efecto biofilia se produza non fai falla nada máis que rodearse de plantas, animais e terra, respirar, andar e deixar que a mente voe".
Se permitimos que os nenos e nenas medren en contacto estreito coa natureza, o seu benestar e o do planeta están garantidos.
Así que dividimos o centro en catro grupos que visitaron catro espazos distintos da nosa contorna para sentir o efecto biofilia.
O alumnado de Educación Infantil estivo nunha horta e en contacto con animais domésticos. O de 1º e 2º de Primaria ciclo foron á Praia de Covas, o de 3º e 4º a Xunqueira e ao paseo fluvial do Río Landro en Viveiro e o de 5º e 6º fixo realizou unha andaina ata o Monte San Roque con dúas rutas diferentes, unha de subida e outra de baixada.
Os nenos e nenas debían recoller as súas vivencias, a súa interacción con estes espazos naturais tan diferenciados, para realizar un traballo posteriormente na aula.
E. Infantil usou as cámaras fotográficas do cole e tablets para facer fotografías e fixeron un cadro. Nel pódese observar como a natureza serve de fondo, de recheo para as siluetas de elementos tamén naturais que recortaron usando cartulinas de cores. Os máis peque colocáronos de xeito maxistral e inmortalizáronas para realizar unha composición marabillosa!!! 😍😍😍😍
O alumnado de 1º e 2º tiña unha contorna privilexiada; a Praia de Covas, a praia do noso cole (levamos o mesmo nome). Recolleron a súa experiencia biofílica coa axuda das cámaras de fotos e tablets, e eleboraron un scrapbook impresionante!!!
Diaporama
Xa para rematar, @s maiores, 5º e 6º, elaboraron curtas cinematográficas de entre 3 e 5 minutos nas que se pode vivir con eles a súa experiencia no Monte San Roque.
Combinaron tanto imaxe fixa como vídeos e música e editaron o seu traballo como bós profesionais.































