E non podía faltar un programa de libros!!!
30 maio 2023
TELE COVASMOLA: BOOKTUBERS
29 maio 2023
Contexto científico: As Máquinas Covasmola”
No contexto científico os races do terceiro ciclo andiveron a estudar e construir con materiais reciclados máquinas simples… quedáronlles ben chulas!! Aquí tedes un pequeno exemplo…
Pero noutro recanto foron os encargados de arranxar máquinas complexas que non funcionaban… abriron, sacaron tornillos, desmontaron, analizaron, volveron montar… así é a maneira de aprender en que consisten as máquinas… Pero son tan marabillosos mecánicos que ata conseguiron q funcionara unha aspiradora que os compañeiros de infantil ían tirar ao lixo… Vaia alegría levaron!
26 maio 2023
ROBÓTICA EN E. INFANTIL
Aquí vos deixamos unha pequena escolma de diferentes momentos do Recanto de Robótica que tivo lugar durante todo curso no espazo maker da Bibliocovas!!!!
Como nos gusta este recanto!!!!!!
25 maio 2023
ENTREVISTA A FAITH
O alumnado tamén aproveitou para entrevistar a Faith,a nosa auxiliar de conversa antes de marchar para o seu país e así saber máis sobre a cultura filipina.
TELE COVASMOLA: ARTISTEANDO CON PABLO RUÍZ PICASO
Artisteando con Pablo Ruiz Picasso: Como chisco ao “Ano de Picasso” e como xeito de conmemorar o 50 aniversario do falecemento do artista, o alumnado de Educación Infantil dedícanos esta sección da canle para así poder vivenciar obra e vida do mesmo.
Estade ben atent@s porque …
a arte “engancha”!😍😍😍😍😍
23 maio 2023
TELE COVASMOLA: O TEMPO EN COVAS
O tempo en Covas:
Qué mellor maneira de introducirnos na primavera que co alumnado de Educación Infantil ao frente! Estade ben atentos ao parte meteorolóxico, así como ás imaxes que esta estación deixa para o disfrute de tod@s.
17 maio 2023
TELE COVASMOLA: LETRAS GALEGAS 2023
Dende a aparición de "Polos Creativos Covasmola" o alumnado está aprendendo a un montón no campo da edición da imaxe e son.
Este curso o noso alumnado traballou a edición de vídeo sobre todo nos contextos linguísticos de Educación Primaria e no recanto maker da Educación Infantil. Eles mesmos crean os guións, realizan as gravacións, seleccionan os escenarios e vestiarios, e se ocupan tamén da edición das suas propias produccións, case sen axuda no caso do alumnado de E. Primaria.
Por fin fixemos un soño realidade: "Tele Covasmola" 😍😍😍😍😍😍😍😍
E que mellor forma de estrea que cun programa sobre Francisco Fernández del Riego 👏👏👏👏👏👏
Agardamos que vos guste!!!!!
En breve novas entregas de "Tele Covasmola". Atentos ao blogue da Bibliocovas e ás redes!!!!
As diferentes entregas de "Tele Covasmola" contaron coa participación de todo o alumnado do cole e dos diferentes equipos (biblioteca, EDLG, TICs, ...) xunto con Polos Creativos. Sempre enmarcado dentro do PDI "Covasmola 2.0" que serve de fío condutor das diferentes reportaxes.










