22 xuño 2023

Xogos Romería Covasmola


 Aproveitando o tirón das máquinas que construiron os alumnos do terceiro ciclo no contexto científico, decidiron inventar un xogo para a II Romería Covasmola, feito por eles mesmos e co que poideran disfrutar tódolos nenos do cole.  Puxéronse a darlle á cachola, e decidiron construir unha catapulta similar á q realizaran en cartón. Así que se puxeron mans á obra, buscando madeiras para reciclar gardadas polos almacéns…






Idearon a máquina… e a construila axudados polas 
ferramentas do Polo Creativo Covasmola!
 Foi todo un reto, pero finalmente conseguiron que funcionara… e vaia rato divertido que nos fixo pasar a todos!!! Ollade as fotos!






























20 xuño 2023

TRABALLAZO DE FIN DE CURSO DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN!



Se hai alguén que se atreve con todo , ese é o Departamento de Orientación do CEIP Plurilingüe de Covas!  Mirade que marabillosas bolsas deseñaron e crearon cos seus alumn@s, para levar para as súas casas cos traballos feitos no cole. Totalmente personalizadas e seguindo as premisas do PDI Covasmola 2.0...Mirade cánto traballaron, todo está explicadiño no seu blog!!!!
NORABOAAAAA!!!!😍😍😍😍😍



Comezaron escollendo teas recicladas e cortándoas sen patrón pero cunha idea moi clariña:


Despois chegou o momentos de coser a máquina...











19 xuño 2023

DA HORTA AO PRATO: COVASMOLA 2.0 (3ª PARTE)

 Chegou o gran día, que emoción!!!!!

Despois de tanto tempo traballando nesta actividade chegou o día de cociñar 😍😍😍😍😍 e a gran inauguración do "Mesón Covasmola"

Lolo xa nos explicara na sua carta que receitas debíamos cociñar cada grupo así que organizámonos coma nos contextos de aprendizaxe, en grupos internivel, e, por quendas, preparamos os pratos da carta. Para este cometido contamos coa axuda de Lucas Requejo de Ultralimento, que xa colaborou con nós nos obradoiros de merendas saudables de Lectura e familias do curso pasado.

Este é o noso menú...





Cociñado das sobremesas con froita, Educación Infantil


           




















O primeiro ciclo cociñou as bombas de saúde, a bebida enerxética e o pan chapati...







              










 

  





As ensaladas foron elaboradas por terceiro e cuarto

















O terceiro ciclo elaborou a pizza e a tortilla e colocou todas as elaboracións para servir no mesón...















Comida lista!!!!!!

Aqueles nenos e nenas que na xornada anterior non fixeron a compra tiveron outro cometido: colocar e engalanar o Mesón Covasmola.
Cada mesa tiña unha peana có menú por un lado e o nome dos comensais de cada mesa polo outro.








   O Mesón Covasmola abre as súas portas!!!